Monday 29 de April de 2024

O alcalde de Muxía reúnese coa Conselleira do Mar para tratar a problemática do sector pesqueiro e marisqueiro do municipio


A xuntanza tivo lugar en San Caetano esta mañá, entre Iago Toba, rexedor muxián, e Rosa Quintana, conselleira do Mar da Xunta de Galicia.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, mantivo esta mañá unha reunión en San Caetano con Rosa Quintana, Conselleira do Mar, para tratar a problemática concerninte ao sector pesqueiro do municipio.
A xuntanza tivo lugar en San Caetano esta mañá e tratáronse temas concernintes para os percebeiros de Muxía, ademais da relación de temas da fábrica de xeo e do motor da lancha de Gardacostas.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, sinalou que “resultou unha reunión tremendamente positiva porque creo que se garanten accións para solventar a problemática existente nas últimas semanas. Existe total disposición para facelo e con vontade, a situación encauzarase da mellor maneira posible”.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladoulle ao rexedor muxián os plans que teñen desde a Xunta para o sector a curto e medio prazo. Toba trasladoulle á conselleira as inquietudes do sector, logo de concertar con eles varias reunións para escoitar as suxestións e peticións que traslada un sector imprescindible para Muxía.
O rexedor quixo agradecerlle á Conselleira ‘ter escoitado a vontade de mellora dun sector tan importante para todo o municipio, e agardamos que se melloren as súas condicións coa máxima celeridade posible”, destacou Toba. Trasladareille aos percebeiros as conclusións desta xuntanza para que as condicións laborais deles se vexan melloradas o antes posible. Desexo que así sexa polo ben dos meus veciños, que se adican a este sector en corpo e alma, e sempre me posicionarei do seu lado”.